HISTORIA

APACA

APACA, é unha asociación protectora de animais creada no ano 2015 na localidade de Arzúa, con ámbito autonómico.
Comezou, como tantas outras protectoras, coa labor asistencial realizada por un puñado de mulleres que asistían cos seus propios medios humanos e económicos a cans/cadelas e gatos/as, abandonadas, perdidas ou accidentadas, neste caso, ao longo do Camiño Francés na provincia de A Coruña, suplindo con elo a inoperancia neste senso das Administracións locais na Ruta Xacobea no rural galego. 
Por tanto, o motivo principal da creación da asociación en 2015, é a situación de desamparo dos animais ao longo do Camiño de Santiago en Galicia e a indiferencia e falta de asunción de responsabilidades por parte de quen ten a competencia legal neste ambeto, que son os Concellos.
Co paso do tempo, ás áreas de traballo en APACA diversifícanse e ábrense novas actividades co obxectivo de actuar directamente sobre as causas que orixinan os abandonos e os maltratos. 
No 2017 chegamos a Santiago de Compostela coa intención de romper o aillamento ao que estaba sometida esta loitadora entidade no rural galego e abrimos unha oficina de atención ao público dende a que centralizamos a nosa actividade e puidemos dar cabida adecuadamente a estas novas áreas de traballo, á vez que fixemos escoitar a nosa voz a toda a sociedade. 

Pese a estar xa en vigor dende Xaneiro de 2017 a nova Lei de Proteccion dos animais domésticos en Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171011/AnuncioC3B0-051017-0001_gl.html) e pese a ter presentado a finais deste ano máis de 88.000 sinaturas que clamaban por un Refuxio ético para os animais no Camiño, o certo é que os Concellos a título individual (e as Mancomunidades como entidades que asocian servizos para os mesmos) ainda non teñen na Ruta Xacobea, por exemplo ao longo de todo o Camiño Francés Primitivo en Galicia, un só Refuxio ou Centro autorizado no que cobixar e albergar aos animais abandonados ou perdidos. A desidia e a falta ás obrigas legais van incluso máis aló, carecendo a meirande parte destes Concellos de convenio ou contrato algún de servizo de recollida ou garda destes animais, polo que estos quedan absolutamente desprotexidos e abandonados nas estradas e camiños, ofrecendo unha pésima e dantesca imaxe de atraso social ao paso das persoas peregrinas. 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This