1. ÁREA ASISTENCIAL:
Ten como obxectivo principal Rescatar, Coidar e Rehubicar aos animais de compañía (especialmente cans/cadelas) perdidos, abandonados, feridos ou en perigo no Camiño de Santiago.
Recollemos ao animais daqueles Concellos cos que temos algún tipo de acordo e tamén puntualmente daqueloutros da nosa área de influencia cos que non o temos e nos que se produce unha desatención absoluta da responsabilidade municipal en canto a protección dos animais de compañía non dispoñendo de ningún servizo de recollida, atención ou garda dos mesmos.
Auxiliámolos cando se atopan en situación de extrema gravedade con perigo inminente para a súa vida, o que para nós non é unha obriga moral, ética e legal.
Traballamos en base a unha rede de casas de acollida e demandamos o correspondente apoio institucional (ou privado) para a implantación dun Refuxio ou Centro Autorizado para os animais do Camiño.
Coa recollida dos animais abandonados ou en perigo das rúas cumprimos os seguintes obxectivos:
– Protección dos animais en xeral e dos de compañía en particular.
– Contribuir a conseguir un Camiño de Santiago ético e respetuoso con todos os seres.
– Axudar á vecindade e a peregrinas a atopar os seus cans/cadelas extraviadas.
– Evitar as incomodidades que provocan a camiñantes, comerciantes e vecindade os animáis abandonados ou perdidos na ruta Xacobea.
Cada ano asistimos directamene a unha media de 120 animais. E axudamos a rescatar e atopar casa a moitos outros máis de forma indirecta (vía asesoramento e xestións telefónicas e por redes sociais ou por mediación da protectora nalgúns casos).
Unha vez que o animal está recuperado das súas feridas e traumas máis graves, de se-lo caso, e pasado o prazo legalmente establecido, ponse en adopción.
Para as adopcións temos un extricto protocolo de entrevistas e control da idoniedade da familia para o animal, e viceversa, que pretende evitar erros que poidan rematar coa volta do can ou cadela á protectora, co empeoramento de carácter ou traumas, ou incluso con novas sitaucións de maltratos dos animais.
Facemos todo o que podemos, pero son centos os animais que non podemos atender e que ninguén o fai, polo que quedan nas rúas, por iso non cesamos en demandar o correspondente apoio institucional (ou privado) para a implantación dun Refuxio Ético ou Centro Autorizado para os animais do Camiño, para o cal acadamos 89000 sinaturas de apoio no 2017.Porén, consideramos que os Centros para Animais de Compañia deberían estar sempre vinculados a unha rede de casas de acollida, xa que estas son o único sistema que vai garantir a plena reinserción do animal á vida familiar e a recuperación da súa confianza no ser humano.Estamos absolutamente en contra do sistema carcelario ao que sistematicamente se abocan a estos animais, inocentes todos, e víctimas da crueldade e irresponsabilidade das persoas.Segundo as nosas estadísticas, recabadas ano tras ano, podemos afirmar que actualmente no Camiño de Santiago en Galicia as causas de abandono son, por este orde, as seguintes:
- A finalización da tempada de caza
- As camadas non desexadas
- O efecto de “arrastre” dos animais polas persoas pelegrinas.
- A utilización do rural para abandoar aos animais por aqueles/as que viven nas cidades. (As zonas rurais, máis despoboadas, facilitan a realización de actos delictivos contra os animais). Á súa vez, os motivos que moven ás persoas das zonas urbanas a abandonar son os seguintes, por esta orde:
- Descoñecemento da etoloxía animal por parte dos propietarios cos conseguintes problemas convivencia entre eles e de consecuencias de alteración de carácter nos animais por mala educación e/ou maltrato.
- Factores económicos
- Cambio de domicilio
2. ÁREA DE SENSIBILIZACIÓN e DIVULGACIÓN:
Baséase na articulación dunha serie de actividades públicas que fomenten a tenza responsable, de prevención do maltrato e a violencia, e de contribución a unha sociedade máis dogfriendly.
Os obxectivos principais concretos son:
– Fomento da tenza responsable.
– Prevención do maltrato e da violencia.
– Prevención do abandono.
– Fomento dunha sociedade máis dogfriendly e amable cos animais.
– Fomento e normalización da convivencia entre persoas e animais.
– Fomento do civismo.
– Fomento do cumprimento da lexislación vixente en materia animais de compaña.
– Fomento dun Camiño de Santiago máis ético e respetuoso cos animais; fomento dos valores do Camiño.
– Dar a coñecer a nosa entidade.
Nesta área realizamos actividades como as seguintes:
– Charlas, conferencias, coloquios, encontros…
– Campañas de sensibilización no Camiño de Santiago.
– Campañas de esterilización entre a veciñanza.
– Entrevistas nos medios de comunicación e participación nos programas aos que nos conviden. (todos os actos ou eventos son comunicados á prensa).
– Cursos e obradoiros sobre etoloxía animal.
– Participación en actividades educativas nos colexios.
– Colocación de paneles informativos sobre protocolo de actuación no caso de atoparse animais soltos ou en perigo no Camiño de Santiago.
– Edición e reparto de material gráfico divulgativo (folletos, pegatinas, cartaces).
– Creación e mantemento de páxina web.
– Creación e mantemento de perfiles e páxinas en redes sociais e difusión permanente a través das mesmas.
3. ÁREA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMIENTO:
Servizo de información, orientación e asesoramento á veciñanza e a peregrinos en diferentes situacións nas que interveña ou estexa presente un animal.
As actuacións concretas para calquera persoa que así o solicite, son as seguinte:
– Información directa en materia de normativa legal sobre protección de animais. Orientamos ou/e asesoramos para cada caso concreto que poida necesitar a persoa demandante.
– Información, orientación e asesoramento no caso de atopar ou de ter un animal necesitado ou en perigo. Por exemplo, abandonos, atropelos, perdas, maltratos, etc.
– Información e orientación sobre etoloxía animal e sobre boas práxis de actuación para mellorar a convivencia coas compañeiros caninos ou felinos.
– Información e orientación en casos de saúde dos animais dirixíndoos a especialistas adecuados, de selo caso.
Os obxectivos desta área son os seguintes:
– Axudar aos animais perdidos, abandonados, feridos ou en peligro.
– Empoderar á poboación sobre o mellor proceder no caso de atopar un animal nestas circunstancias.
– Axudar ás persoas que queren axudar aos animais.
– Contribuir a construir un Camiño de Santiago máis ético e solidario e mellorar a súa imaxe.
– Reducir os accidentes de tráfico.
– Axudar á poboación local a recuperar os seus animais perdidos.
– Conciliación entre veciñanza e evitación de conflictos por mor dos animales en peligro.
– Axudar ás administracións locais coa súa responsabilidade de atención e protección dos animais de compañía.
– Axudar a desafogar teléfonos como o de emerxencias, redirecionando en cada caso da mellor maneira.
O servizo préstase polos seguintes medios:
– Presencialmente na nosa oficina en Santiago.
– A través das redes sociais.
– Vía telefónica.
– Vía email ou similar.
4. ÁREA DE SERVIZOS A PEREGRINAS:
Posta en marcha dunha serie de iniciativas que teñen como obxectivo o fomento da peregrinación con cadela/can e o apoio ás/aos peRRegrinas/os.
Trátase de iniciativas integradoras que teñen como obxectivo non só axudar ás persoas peregrinas e aos seus cans, senón tamén promover a normalización da convivencia cos compañeiros de catro patas.
Obxectivos concretos:
– Normalización da convivencia dos animais coma membros de dereito das nosas familias, especialmente no ámbeto do Camiño de Santiago.
– Axuda ás persoas que convivan con cans e queiran viaxar ou disfrutar dun viaxe ou vacacións cos seus animais.
– Axudar a que a peregrinación con can sexa exitosa e digna.
Servizos que se prestan:
– Edicción e reparto da Credencial Canina e emisión da Compostela Canina á chegada dos/as perrreginos/as a Santiago, co correspondente recibimento sempre persoalizado.
– Accións concretas que persigan a mellora dos servizos a perregrinos, como a apertura de novos establecementos dogfriendly ou a eliminación da prohibición da entrada dos cans a diferentes lugares públicos ou privados de interese para as peregrinas.
– Apoio ás peregrinas que queren iniciar a peregrinación a Santiago acompañadas dos seus compañeiros caninos. Apoio tamén durante a peregrinación.
– Información á persoa peregrina sobre servizos para perregrinos, como establecementos que permitan o acceso e pernoctación con can, medios de transporte, acceso a lugares públicos ou alternativas de gardería para deixar o can/cadela namentres se.
5. ÁREA DE INVESTIGACIÓN:
Realización dunha serie de estudos e pesquisas que teñen como finalidade obtención de datos para análisis da realidade e necesidades sociais – animais, e así definir as actuacións e actividades máis adecuadas para a consecución dos fins xerais da asociación.Como obxectivos concretos, os seguintes:
– Extraer estadísticas e datos reais sobre o nº de animais de compaña no Camiño de Santiago e en Galicia en Xeral.
– Extraer estadísticas e datos reais sobre a vida e a morte dos animais de compañía nas casas.
– Obtención de datos sobre o nº de cans e gatos esterilizados nas zonas rurais e no Camiño de Santiago.
– Obter datos e coñecer a opinión das persoas peregrinas sobre o estado dos animais da veciñanza en Galicia.
– Obter datos sobre o maltrato e o abandono no Camiño de Santiago no rural galego.
– Aproveitar as campañas de investigación para contactar coa veciñanza e, no seu caso, informarlles, orientarlles e asesorarlles en materia de benestar animal e obrigas como responsables.
– Obtención de datos e opinión das persoas peRRegrinas en canto aos servizos para eles e os seus cans no Camiño de Santiago; tanto cuantitativa como cualitativamente
Exemplos de actuacións levadas a cavo ata o momento:
– Enquisas a poboación en xeral sobre os seus animais.
– Enquisas a peRRegrinos sobre os servizos que para eles atoparon na súa peregrinaxe.
– Enquisas a peregrinos en xeral sobre o estado dos animais da veciñanza.
– Estudo sobre o destino dos animais que saen en adopcións ao extranxeiro.
6. ÁREA REIVINDICATIVA, DE DENUNCIA E POLÍTICA:
Como asociación protectora de animais, a nosa principal obriga é velar polo cumprimento da lexislación vixente en materia de protección animal. (Así descríbese na lexislación galega e establece o Rexistro de entidades protectoras de animais domésticos e salvaxes en cautividade da Xunta de Galicia).
Por tanto, creamos esta área para:
– Mediar ou intervir en casos de maltrato, denunciando ás autoridades competentes de selo caso.
– Presionar e reivindicar o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección animal ás administracións competentes, especialmente ás municipais, pero tamén a aqueloutras superiores.
– Negociar coas diferentes administracións e axentes políticos, sociais e empresariais para conseguir melloras nos servizos aos animais necesitados, por exemplo, actualmente, estamos a loitar pola consecución dun Refuxio ético para os animais abandonados no Camiño de Santiago na provincia de A Coruña.
– Denunciar nos medios de comunicación casos graves ou chamativos de maltrato de persoas, ou casos de desatención absoluta por parte de Administracións.
– Reivindicar melloras concretas, como por exemplo, as reivindicacións realizadas no 2018 no Vaticano e en Galicia para conseguir acceso e servizos a perregrinos.
Comentarios recientes