DOGFLUENCERS MEETING

¿¿Que és el DOGFLUENCER MEETING??

DOGFLUENCERS MEETING E CODEX CANINI É UN PROXECTO BENEFICIARIO DO PROGRAMA O TEU XACOBEO

O DOGFLUENCERS MEETING é un proxecto de voluntariado no Camiño de Santiago que consiste nunha peregrinación simultánea  e solidaria por varios Camiños en Galicia e posterior encontro en Santiago de Compostela.

O proxecto está organizado por APACA e enmarcado na primeira edición do programa “O Teu Xacobeo”.

As protagonistas son as cadelas e cans que realizan o Camiño e as súas compañeiras humanas, vencelladas aos movementos dogfriendly de diversas  cidades do Estado e que contan con certa experiencia na peRRegrinaxe a Santiago.

Este proxecto ponse en marcha para promocionar os Valores do Camiño aplicados a todos os seres; conseguir un Xacobeo 21 máis ético e respectuoso cos animais; fomentar a mellora de servizos para peRRegrinos; e concienciar sobre a tenza responsable e contra o maltrato.

O evento principal tivo lugar entre os días 8 e 20 de abril de 2019 e daquela realizáronse as seguintes actividades:

  • – Un acto de presentación do evento en Santiago
  • – A propia peregrinaxe en sí misma, na que cada unha das equipas peRRegrinas realizou unha campaña de sensibilización, concienciación e información intensiva para difundir os obxectivos do proxecto.
  • – Visitas cos cans a varios centros de maiores.
  • – Un encontro de todas as equipas participantes, de socias e colaboradoras de APACA e doutras simpatizantes e perregrinas na praza do Obradoiro
  • – Unha conferencia no Museo das Peregrinacións en Santiago na que participaron todos as equipas de voluntarias.

Tamén participou na peRRegrinación unha voluntaria habitual da protectora que é ademáis Casa de Acollida dun dos nosos cans, atopado no Camiño hai xa máis de dous ano e que segue en adopción: Yago.

Todos os cans e cadelas participantes teñen o seu propio perfil nas redes sociais para contribuir á difusión do fenómeno dogfriendly (ou sociedade amable cos peludos). Podedes coñecelas a todas e descubrir como discurríu o evento pinchando nos seguintes enlaces:

PICA AQUÍ PARA VER O VÍDEO PROMOCIONAL DO DOGINFLUENCERS MEETING
PICA AQUÍ PARA DESCARGAR O PROGRAMA
PICA AQUÍ PARA VER O ACTO DE PRESENTACIÓN DO EVENTO
PICA AQUÍ PARA VER AS IMAXES DA PERREGRINACIÓN SOLIDARIA E OS DETALLES DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This