QUE FACER SI ATOPAS

UN ANIMAL ABANDONADO

OU EN PERIGO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA SABER QUE FACER SE NOS ATOPAMOS UN ANIMAL PERDIDO Ou EN PERIGO.

Se crees que esta perdido ou abandonado.

1- Comproba se ten chapa de identificación e teléfono: se é así, chama.

2- Pregunta aos veciños da zona; moitos teñen fogar a pesar de que os vexas soltos.

3- Chama á policía local (092) ou concello (010). Eles teñen a competencia nestes casos.

4- Chámanos a APACA para informarnos e para que che axudemos.

Se queres, podes levalo ti mesmo a un veterinario para que comprobe se ten chip.

Se crees que esta ferido.

 

1-  Non o movas se non é necesario e proporciona lle sombra ou resgardo da choiva e frío.

2-  Non o presiones para beber ou xantar, sobre todo se está moi grave.

3- Chama ao 112 e facilitarlles feitos, circunstancias e localización.

4- Ponche en contacto con algunha entidade protectora de animais ou refuxio de fauna salvaxe próxima. Se non a coñeces, contacta con APACA.

5- Se van enviar axuda, mentres esperas a que chegue, conserva a calma, non o estreses e se é salvaxe, garda distancia.

SE É UN ANIMAL DOMÉSTICO DE GRANXA

1- Se está ferido procede como no caso anterior.

2- Se está perdido, mellor non fagas nada. Déixao ir.

SE VES UN ANIMAL QUE ESTÁ a SER OU PARECE HABER ESTADO MALTRATADO.

1- Chama ao 112 e informa do sucedido.
2- Chama a esta ou outra Protectora do lugar para que teñamos constancia do caso e interpoñamos a correspondente denuncia, de ser o caso.
3- Tamén podes interpoñer denunia no Concello ou na Garda Civil aínda que posteriormente non te acudas no caso, para así deixar constancia dos feitos coa túa declaración in situ. Posteriormente, se se celebra xuízo pódeseche chamar como testemuña. E por suposto tamén tes a opción de acudirche como acusación se o consideras oportuno.

Moi importante! Toma vídeos, fotos e a localización do lugar.

ÚNECHE, ACHEGA, COLABORA COA MODALIDADE QUE MÁIS CHE SATISFAI POR UN MUNDO MÁIS CHEO DE VIDA.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This