QUE FACER SI ATOPAS

UN ANIMAL ABANDONADO

OU EN PERIGO

PROTOCOLO DE RESCATE DE ANIMAIS ABANDONADOS OU EN PERIGO SE É UN ANIMAL SALVAXE FERIDO Ou EN PERIGO.

1- Cúbreo cunha peza de roupa e sitúao moi cuidadósamente nun lugar tranquilo e á sombra, sobre todo se é verán.
2- Non lle deas comida nin bebida sobre todo se está malferido..
3- Chama a algunha asociación protectora de animais ou de rescate da zona para informar do suceso e solicitar asesoramento e asistencia se están autorizados para iso. Se non coñeces ningunha, chámanos a APACA e informámosche.
4- Chama ao 112 e facilítalles información detallada do estado do animal e a situación exacta.
5- Vixíao desde unha distancia prudencial para non asustalo.
6- Espera no lugar ata que chegue o persoal especializado.

SE É UN ANIMAL DOMÉSTICO DE GRANXA

1- Se está ferido procede como no caso anterior.
2- Se está perdido, mellor non fagas nada. Déixao ir.

SE É UN ANIMAL DE COMPAÑÍA (CANS E GATOS) ABANDONADO OU EN PERIGO:

1. Se está ferido procede como no primeiro caso.
2. Despois (ou se non está en perigo) sácalle unha foto e anota a ubicación.
3. Comproba se ten colar ou placa identificativa.
4. Podes preguntar aos veciños do lugar se o coñecen ou saben algo.
Se finalmente crees que está abandonado ou perdido:
5. Chama ao 112 para informar do caso. Anota a hora exacta á que chamaches e o que che dixeron.
6. Chámanos a APACA (604 028306) para que teñamos constancia do caso, te asesoremos e, no seu caso, podamos actuar.

SE VES UN ANIMAL QUE ESTÁ a SER OU PARECE HABER ESTADO MALTRATADO.

1- Chama ao 112 e informa do sucedido.
2- Chama a esta ou outra Protectora do lugar para que teñamos constancia do caso e interpoñamos a correspondente denuncia, de ser o caso.
3- Tamén podes interpoñer denunia no Concello ou na Garda Civil aínda que posteriormente non te acudas no caso, para así deixar constancia dos feitos coa túa declaración in situ. Posteriormente, se se celebra xuízo pódeseche chamar como testemuña. E por suposto tamén tes a opción de acudirche como acusación se o consideras oportuno.

ÚNETE, APORTA, COLABORA

CON LA MODALIDAD QUE MÁS TE SATISFACE

POR UN MUNDO MÁS LLENO DE VIDA.

A P A C A  

               Rúa das fontiñas, 27
Santiago de Compostela
15707- A Coruña

 

Horario de oficina 

Luns – Venres:
Verán : 8:00 a 15:00
Inverno :
Mañá de 9:00 a 13:00
Serán de 17:00 a 21:00

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This